Todo preparado na Pobra, no Club Náutico Arousa Norte, para a nova edición da Volta a Ons

25 Maio 2021

Este sábado, con organización do Club Náutico Arousa Norte (A Pobra), dispútase na Pobra un clásico das regatas de cruceiros do calendario galego. Trátase da edición número 13 da Volta a Ons.

Contará con patrocinio de Atlantic Dental Institute, a Clínica Dr. Gonzalo López e Cavano Arousa. A cita cruceirista será este ano parte da Copa Galicia, un trofeo que proclamará ao mellor club da nosa terra nesta disciplina.

A saída desta importante regata, que ten conseguido ao longo da súa historia importantes fitos de participación (conseguiu antes da pandemia reunir a máis de medio centenar de embarcacións), será visíbel desde a rada pobrense ás 12.00 horas. O obxectivo da organización é “devolver á frota unha proba do máis alto nivel”.

A falta de 3 días para o peche das inscricións, unha ducia de veleiros xa se apresuraron en formalizar a inscrición. A organización espera que sexan ao redor de vinte os barcos provenientes de varios clubs das Rías Baixas que tomen parte nesta regata. Terán que percorrer unhas 35 millas náuticas para circunnavegar a illa de Ons que gorece a entrada á Ría de Pontevedra e que forma parte do Parque Natural dás Illas Atlánticas.

A regata, xunto coa Almirante Rodríguez Toubes, a Regata Ramiro Carregal Rey e a Mar de Finisterre, organizada polo CN de Portosín e a Guardiamarina, que organiza o RCN de Vigo, proclamará ao gañador da Copa Galicia de Cruceiros. Este é un trofeo adquirido pola

Real Federación Galega de Vela, que foi a copa entregada ao rei Alfonso XII con motivo da súa visita a Cowes, o 6 de agosto de 1.906. O club vencedor obterá o dereito a inscribir o seu nome na peana da copa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...