A Deputación financia con 150.000 euros a renovación da estrada que conecta A Ponte de San Francisco con San Breixo, en Noia

24 Maio 2021

A Deputación da Coruña financia a renovación da estrada que vai de A Ponte de San Francisco a San Breixo, en Noia. O Plan Único da entidade provincial financia o 100% do custo total do proxecto, 149.363 euros. A Deputación fai saber que os traballos permitirán limpar esta estrada, que se atopa na parroquia de Santa María de Argalo, así como levar a cabo a reparación de fochas e a pavimentación con aglomerado de 5 centímetros. Tamén se levantarán as actuais tapas de rexistro e as reixas de sumidoiro.

“Estas tarefas darán solución ao mal estado no que se atopa actualmente a plataforma debido ao paso dos anos e o tránsito rodado”, fixo saber o ente provincial, engadindo que o Plan Único “segue así a dar apoio aos concellos da provincia para mellora as súas infraestruturas, neste caso dunha estrada, co obxectivo de ofrecer unhas vías de comunicación seguras á veciñanza que reside na zona e ás persoas que transitan por esta vía”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.