A patrulla anti-COVID de Ribeira interpuxo 49 denuncias por incumprimentos no sector hostaleiro

22 Maio 2021

O Concello de Ribeira vén de facer balance da actividade xerada pola patrulla local anti-COVID dende a súa entrada en funcionamento. Segundo fixo saber, dende o inicio da súa andaina, interpuxo un total de 49 denuncias ligadas aos incumprimentos das normas sanitarias contra a pandemia no sector hostaleiro. Este balance fíxose público, en palabras do Concello, “en resposta ao comunicado remitido esta semana pola Asociación de Empresarias de Ribeira no que aludía a unha presunta inoperancia da patrulla da Policía Local encargada de velar polo cumprimento das normas nos establecementos”.

No balance o Concello fai referencia a denuncias relacionadas co ámbito hostaleiro (por exemplo, clientes que non teñen posto o cubrebocas pese a non estar consumindo, locais que exceden o seu límite de aforo, etc), sen incluír entre este medio cento de denuncias outras propostas de sanción por non respectar as normas decretadas para conter a pandemia, tales como vulneracións do toque de queda e de confinamentos perimetrais, festas nas casas ou o caso recente acontecido nun local sen uso en Bandourrío.

No comunicado o Concello de Ribeira solicitou á Asociación de Empresarios de Ribeira “que adopte as medidas máis convenientes para evitar que se produzan novos incumprimentos entre algúns dos seus asociados”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.