Noia acolleu unha nova xornada dos espazos para a mocidade da Primavera Xove

21 Maio 2021

O programa Primavera Xove da Xunta de Galicia celebrou este 21 de maio unha nova xornada nos Espazos Xove de Viveiro, Chantada e Noia. No caso da localidade da nosa comarca, a xornada comezou cun faladoiro para dar a coñecer o potencial creativo da xuventude da contorna. A esta actividade seguiulle, tamén en Noia, un obradoiro de graffiti no que se pintou un muro.

A programación levada a cabo neste Espazo Xove tamén incluíu unha proposta para crear música con froitas e, por último, un reto dobre de canastra.

Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, salientou “a importancia deste tipo de actividades, enmarcadas no programa Primavera Xove, unha iniciativa innovadora posta en marcha este ano, que ao longo de todos os venres do mes de maio leva celebrando, e celebrará, unha feira de ocio educativo para a mocidade da súa contorna nos diferentes Espazos Xove”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.