20190826. Un can que ía solto e sen dono mordeu nunha man a unha muller que paseaba coa súa mascota pola rúa da Canle, en Palmeira. Os feitos producíronse cando a muller tratou de separar ambos animais, despois de que o primeiro iniciase o ataque. Varias persoas que se atopaban no lugar prestaron a súa axuda e avisaron á Policía Local, a cal se encargou de recoller ao can ceibo. Ademais, a muller foi trasladada ao centro sanitario para recibir asistencia médica pola ferida da cal, segundo testemuñas, brotaba sangue e comezaba a inflamarse.
A Xunta declara a situación de seca prolongada en toda a demarcación de Galicia-Costa pola falta continuada de choivas. Barbanza, Muros-Noia, Arousa e Santiago entre elas
A medida non supón restricións automáticas no consumo, que continúan supeditadas aos niveis de escaseza de cada concello. Un total de 123 municipios contan con afectacións parciais ou totais: 32 permanecen en alerta e 91 en prealerta, mentres a conca do río Grande sae...



