O cefalópodo reinou esta fin de semana en Palmeira

26 Agosto 2019

20190826. Numerosos comensais achegáronse esta fin de semana ata a parroquia ribeirense de Palmeira para desfrutar dunha nova convocatoria da festa gastronómica que ten como pretensión exaltar o polbo. A cita arrancou na xornada do sábado arroupada por un día soleado, na que veciños e visitantes ocuparon a carpa de 1.400 metros cadrados disposta para tal ocasión no recinto portuario. Ademais do cefalópodo cociñado polo experto polbeiro Manuel Veloso e a un prezo de 11 euros a ración, os asistentes puideron degustar outras propostas culinarias coma churrasco, mexillóns ou empanada.

Así mesmo, a pregoeira foi a oncóloga e investigadora Manuela Gago Domínguez quen ofreceu unha intervención na que, ademais de enxalzar as calidades do polbo -o animal máis intelixente que nos comemos con 550 millóns de neuronas, que mesmo capaz de predicir o resultado do Mundial de Fútbol coma aconteceu no 2010- exerceu de palmeirá e saudou ás Palmeiras de New Jersey, Newark, Harrison, Monroe, Andalucía, Murcia, Aragón… “e a esta Palmeira pescadora.”

Ao longo das xornadas do sábado e do domingo foron numerosas as actuacións encargadas de amenizar a vida diúrna e nocturna  a cargo de Os Atrevidos, Xiada, Liantes de Artes, Xalunde, Rokolas, O Rueiro, Versus e Pan de Leña. Tamén houbo unha exhibición de kárate-kempo polo Club Kempo Barbanza.

Deste xeito, o evento chegou onte ao seu fin consolidándose máis, se cabe, no calendario de actividades de Ribeira e, incluso, da comarca do Barbanza.

A citada celebración estivo organizada polo Concello coa colaboración dos bares Baluarte, A de Alejandro e Manolo o do Café, así como da comisión de festas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.