BNG esixe a dimisión da concelleira envolta na celebración dunha macrofesta con menores

16 Maio 2021

Ante os feitos acontecidos co desaloxo de 25 mozos nunha festa privada en Ribeira, o BNG esixe que se depuren todas as responsabilidades e se proceda ao cesamento dunha concelleira popular copropietaria do local. Os nacionalistas piden o cese da fronte das súas funcións e responsabilidades no goberno municipal do concello.

Tal como informamos en O Barbanza unha patrulla da Policía Local de Ribeira, coa colaboración dos axentes da comisaría, procederon a identificar e, posteriormente, desaloxar a 25 mozos, a maioría tiñan entre 15 e 17 anos -tamén había unha nena de 13 e un mozo que roldaba a vintena-, que participaban nunha festa privada nun local hostaleiro situado na zona da movida de Bandourrío

Tendo en conta a situación epidemiolóxica do Concello de Ribeira, a piques de acadar o nivel extremo de restricións, co feche perimetral e o cese da actividade hostaleira, desde o BNG amosa a máxima repulsa ante unha conduta que califican de irresponsábel e insolidaria para a veciñanza e os negocios da localidade.

O voceiro do BNG, Vázquez Cobas indica que os representantes públicos deben mostrar actitudes exemplares, tanto na súa vida pública como privada, especialmente naquelas persoas que asumen responsabilidades de goberno no ámbito social.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.