En Ribeira desaloxados 25 mozos dunha festa privada

16 Maio 2021

Unha patrulla da Policía Local de Ribeira, coa colaboración dos axentes da comisaría, procederon a identificar e, posteriormente, desaloxar a 25 mozos, a maioría tiñan entre 15 e 17 anos -tamén había unha nena de 13 e un mozo que roldaba a vintena-, que participaban nunha festa privada nun local hostaleiro situado na zona da movida de Bandourrío. Foi pouco antes das 18.00 horas cando no lugar compareceron dous axentes municipais que, nun primeiro momento, chamaron á porta doutro establecemento contiguo que aínda estaba pechado ao público, e tras abrirlles púidose comprobar que alí só estaban a dona e os seus filloas. Segundo informa Diario de Arousa foi entón cando se dirixiron ao outro local, ao que entraron xunto cunha patrulla da Policía Nacional. Ademais dos 25 identificados, segundo indicaron algunhas testemuñas, podería haber outras 30 ou 35 persoas máis, pero fuxiron do inmoble polo tellado.

Na rúa puidéronse xuntar ao redor de 35 mozos, pero dunha decena non había constancia de que estivesen dentro do local, polo que non se lles identificou. Os axentes empezaron a chamar aos pais dos menores identificados para que se fixesen cargo deles, pero non se puido localizar a todos ao non contestar o teléfono. Ademais, da nena de 13 anos fíxose cargo un adulto para levala á súa casa, debido a que tardaban moito en ir recollela.

Segundo fontes policiais recollida polo diario de Vilagarcía, un dos propietarios do local é unha concelleira da corporación municipal ribeirense, á que algúns veciños viron ao mediodía polo inmoble para que puidese contar con subministración eléctrica, pois carecía do mesmo ao estar pechado como consecuencia das restricións do lecer nocturno por mor da pandemia, e dese xeito puidésese celebrar a festa. As forzas actuantes indicaron que a referida edila indicoulles que ela tiña coñecemento de que se ía a celebrar unha pequena festa de aniversarios na que participaba o seu fillo e que habería pouca xente.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...