María Núñez Figueiras ofreceu o seu recital de fin de grao no Conservatorio de Ribeira

13 Maio 2021

A estudante de saxofón María Núñez Figueiras ofreceu na tarde de onte o seu recital de fin de grao profesional no salón de actos do Conservatorio de Música Profesional de Ribeira ‘Enrique Paisal’.
Ao rematar a función (que incluíu tres pezas: “Fantasía para saxofón soprano e piano” de Heitor Villalobos; “Preludio, Cadenza et Finale”, de Alfred Desenclós; e “Sonata” de Edison Denisov, con Brais González como pianista acompañante) a concelleira de Educación, Juana Brión, fíxolle entrega dun obsequio no nome do Concello.

María Núñez, nada en Cambados, inicia alí os estudos en música a idade de catro anos e é aos oito cando comeza a tocar o saxofón cursando grao elemental no Conservatorio elemental de Música de Cambados coa profesora Modesta
Padín. Cinco anos máis tarde comeza o grao profesional no Conservatorio de Música Profesional de Ribeira “Enrique Paisal” co profesor José Fungueiriño, co cal estuda os 6 cursos de grao profesional.
Ademais do estudo no conservatorio, dende os 10 anos ata a actualidade María é alumna activa da Aula Galega de Saxofón, recibindo clases do profesor Rodrigo Vila e outros invitados como Nicolas Prost, David Brutti ou Phil Pierick. En relación con esta actividade, no ano 2019, María participa, xunto con varios compañeiros da Aula, no XX Mallorca Saxophone Festival no concerto “Tribuna de jóvenes intérpretes”.
Ademais dos profesores xa citados, María participou en numerosos cursos e masterclass recibindo clases con saxofonistas de prestixio internacional como Marie-Bernadette Charrier, Daniel Gauthier, Carlos Ordóñez, Xabier Casal, Xavier Larsson, Adrián Pais, Beatriz Tirado, entre outros.
Paralelamente aos seus estudos musicais, María forma parte da Banda de Música de Castrelo e da Banda Xuvenil de Barro.

20210513 María Núñez Figueiras ofreceu o seu recital de fin de grao no Conservatorio de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.