Na Pobra un tramo do Camiño Real convértese en sentido único de circulación provisionalmente

23 Abril 2021
Sentiido único no Camiño Real. A Pobra

O Concello da Pobra vén de aplicar provisionalmente dende o día 26 de abril o sentido único de circulación na dirección A Pobra-Boiro, na rúa 2 da Ribeiriña, correspondente cun dos tramos do Camiño Real.
Esta medida busca darlle solución aos problemas de fluidez de tráfico rodado existente na referida vía, dado que o tránsito en ámbolos dous sentidos nunha rúa de tal estreiteza convértese nunha tarefa difícil á hora de atoparse dous vehículos simultaneamente. A modificación débese ás demandas de varios residentes da zona, polo que logo de pasadas tres semanas, o Concello realizará unha consulta ós veciños para analiza-lo seu nivel de conformidade con respecto aos resultados desta medida e así tomar unha decisión final de maneira consensuada.
Pola súa parte, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, manifestou que se procederá a acondiciona-la conexión final da rúa 2 coa AC-305 para facilita-la incorporación á estrada e lembrou que a saída cara á Pobra no sentido contrario non está permitida, dada a existencia dunha liña continua.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.