Casos COVID en descenso en Boiro

19 Abril 2021

O Concello de Boiro celebrou este 19 de abril unha nova sesión da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19 que se reúne de xeito semanal para coñecer os datos da incidencia da pandemia no municipio e determinar as medidas e restricións para frear a expansión do virus. A tenor dos datos publicados pola Consellería de Sanidade, na sesión constatouse que o número de casos positivos detectados nos últimos sete días está en descenso, polo que se reduce a incidencia acumulada.

Na xuntanza tamén se fixo saber que o persoal de Servizos Sociais continua coordinando as necesidades derivadas das persoas con positivo, como poden ser a recollida de lixo ou a entrega de alimentos e outros bens de primeira necesidade.

A maiores, informouse de que a Policía Local de Boiro interpuxo nos últimos días 3 denuncias por incumprir as restricións decretadas polas autoridades sanitarias para o control da situación epidemiolóxica. Unha delas por non respectar o peche perimetral, e dúas polo uso indebido de máscara.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión