Óscar Horta presenta ‘Na defensa dos animais’ na Pobra do Caramiñal

08 Xuño 2019

O Auditorio Museo Valle-Inclán da vila pobrense acolleu a presentación do ensaio Na defensa dos animais do filósofo e activista Óscar Horta, un dos últimos libros editados pola rianxeira Axóuxere Editora. O acto contou coa presenza do propio autor, do seu editor Roberto Abuín e de Genoveva Hermo, concelleira de Cultura e Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal.

Genoveva Hermo amosou a súa satisfacción por ter participado na edición do volume, apoiando a publicación do mesmo. Ademais, indicou que “desde a Pobra, como Concello pero tamén como corporación municipal” estaban “moi concienciados coa cuestión da defensa dos animais” e que desexarían “poder seguir a implementar normativas e alimentar o desenvolvemento de prácticas cidadás que fosen beneficiosas para os animais, así como concienciadoras a nivel social da responsabilidade que como humanos temos ante estes outros que son os animais.”

Pola súa banda, o editor Roberto Abuín agradeceu o apoio recibido e foi o encargado de presentar ao autor, destacando o longo percorrido que ten desenvolto nas áreas de pensamento e reflexión ética, especializado particularmente en cuestión de bioética e ética animal.

Óscar Horta, quen actualmente é profesor de Filosofía Moral na Universidade de Santiago de Compostela e unha figura na cuestión da reflexión ética sobre os animais, expuxo os tópicos que vertebran a súa obra. Entre elas abordou a diferenza existente entre “seres sentintes e seres non sentintes”. Desde a súa perspectiva, “calquera ser que teña capacidades sentinte de sufrir e ter experiencias gozosas debería ser un individuo de obrigada consideración moral a respectar e valorar.” Así mesmo, falou da dificultade para difundir este tipo de ideas, agradecéndolle ao Concello pobrense un convite que si o posibilitou e a súa colaboración na edición do volume.

Ao finalizar o acto, entregóuselle un exemplar de balde a tódolos asistentes, que puido ser asinado polo autor, e ofrecéuselles un ágape por convite da corporación municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...