A naturalista Odile Rodríguez de la Fuente acudirá a Ribeira nos actos polo Día Mundial da Terra

17 Abril 2021

O Concello de Ribeira convocou unha serie de actos conmemorativos do Día Mundial da Terra, aos cales acudirá a naturalista e bióloga Odile Rodríguez de la Fuente, filla do coñecido Félix Rodríguez de la Fuente. A primeira tenente de alcalde María Sampedro foi a encargada de anuncialo durante a presentación do programa de actividades como
motivo da data.
Así, os eventos terán como inicio o mércores 21 ás 19 horas cunha recepción pública na praza do Concello. Máis tarde, a comitiva desprazarase ata a praza de España, onde a convidade Odile estampará súa firma nun mural en homenaxe a Félix, célebre polo seu programa de TVE El hombre y la tierra, un dos principais motivos polos que millóns de persoas se interesaron pola educación ambiental.
Os actos continuarán o xoves 22, Día Mundial da Terra, ás 10 horas cando a bióloga se reunirá cos diferentes escolares dende o CEIP Frións. A cita tratarase dunha charla-coloquio na que se incluirán preguntas formuladas polo alumnado, e será retransmitida por streaming a través da conta de Youtube do Concello.
O programa de actos concluirá con dúas visitas a dous lugares representativos do patrimonio natural do municipio: o miradoiro de Pedra da Ra, ás 11 horas, con vistas ao parque natural de Corrubedo e a ría de Arousa; e a illa de Sálvora, ás 12 horas, enclavada no Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.