Ribeira anuncia un total de trinta ofertas para as obras da rúa do Vilar en Palmeira

14 Abril 2021

O Concello de Ribeira informou que un total de trinta ofertas foron presentadas para levar a cabo as obras consistente na renovación de servizos na rúa do Vilar (Palmeira) que conta cun investimento de 134.602,26 euros e un prazo de execución de catro meses.

A intervención ten como obxectivo a mellora dos servizos urbanos de auga potable, saneamento e pluviais que a día de hoxe se atopan en malas condicións. Así as obras levarán a cabo unha substitución das tubaxes de auga existente e realizarán acometidas aos inmobles, así como se instalará un colector de PVC para executar o saneamento de fecais. Ademais colocaranse arquetas sumidoiro e un colector de PVC que conducirá as augas por gravidade ata a rede existente na rúa do Barreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.