O BNG pide unha parcela “máis axeitada” para o novo centro de saúde de Noia

13 Abril 2021

As deputadas do BNG no Parlamento galego, Rosana Pérez e Iria Carreira, visitaron Noia este 12 de abril para emitir a súa valoración acerca do proxecto para a construción dun novo centro de saúde nunha parcela de 660 metros cadrados do barrio de San Lázaro. Despois de ollar o predio no que se pretendería erguer o dito centro sanitario, Carreira opinou “que se trata dunha opción inadecuada para unha infraestrutura de futuro, xa que a tendencia no eido da arquitectura sanitaria é a de realizar centros de saúde cunha base ampla que permitan unha mobilidade accesíbel e grandes estancias para as persoas usuarias”.

Pola súa parte Pérez, coincidindo na importancia de que un novo centro de saúde sexa construído en Noia, insistiu na necesidade de que o mesmo “sexa realizado nunha parcela adecuada para unha infraestrutura que dará servizo a unhas 33.000 persoas” e lembrou que “en ningún caso se podería comprender que un novo centro de saúde tivera unha planta inferior ao actual”.

Na súa opinión, o edificio deberá “ter perspectivas de futuro”, polo que “terá que contar cunha planta amplamente superior aos 1.000 metros cadrados do existente, requisito que non cumpriría a parcela de 660 metros cadrados anunciada polo alcalde de Noia”.

Neste contexto, o portavoz da formación no municipio, Ricardo Suárez, informou de que veñen de presentar unha iniciativa para o seu debate no vindeiro pleno ordinario na que apostarán pola “consecución por parte do Concello de Noia dunha parcela superior aos 2.000 m2 de planta e 4.000 m2 de edificabilidade” co gallo de ser cedida á Consellería de Sanidade.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.