O BNG reclama unha mellora do estado dos paseos de madeira de Ribeira

31 Marzo 2021

O Bloque de Ribeira insta a renovar moitas das estruturas de madeira, que hai no municipio de Ribeira, destinadas ao paseo. Co aumento das temperaturas e a proximidade do verán, dende a sede bloquista denuncian o mal estado de moitos destes tramos, como o paseo de Coroso.
O concelleiro do BNG, Luis Pérez Barral, asegura que “non é un caso illado e noutros paseos tamén hai estragos nos camiños e pasarelas, e en moitos casos non é posible substituír algunhas destas infraestruturas xa que o seu estado non permite o arranxo”.
Ademais, o BNG ribeirense lembrou a iniciativa aprobada por unanimidade no mes de decembro para loitar contra os plásticos nos areais, e reclaman un “aumento na limpeza destes espazos”.
Así, os nacionalistas trasladarán esta petición ao Pleno do Concello para que se de solución a esta problemática, xa que “co bo tempo vaise a incrementar o número de camiñantes nestes espazos de lecer e débense poñer a punto para que os veciños e veciñas os empreguen de forma cotiá”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...