Licitada en Ribeira a instalación de doce puntos Wi-Fi de balde

24 Marzo 2021

O Concello de Ribeira licitou o proxecto europeo WiFi4EU, unha iniciativa dirixida a implantar unha ducia de puntos Wi-Fi de balde noutras tantas localizacións da cidade. Esta iniciativa está subvencionada pola Unión Europea e comporta un investimento de 29.999,99 euros, IVE incluído.

A orixe do proxecto está en abril de 2019, cando a Administración local solicitou a correspondente axuda, que lle foi concedida e que frutificou nun convenio asinado coa Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA). De resultas disto, a Comisión Europea subvencionou o programa WiFi4EU, fomento da conectividade a Internet das comunidades locais, que inclúe financiamento para instalar a devandita rede sen fíos (correndo os gastos de funcionamento a cargo do Concello de Ribeira).

O criterio atendido na selección dos puntos de conexión foi o de “alcanzar o maior número de xente posíbel, elixindo puntos céntricos para satisfacer as necesidades tanto da cidadanía como de determinadas instalacións municipais que rexistran unha alta presenza de usuarios”, explicou o Goberno local, engadindo que dos doce puntos de acceso seis son interiores e seis exteriores, ademais de colocarse un controlador.

As localizacións son os seguintes:

1. Praza do Concello

2. Área da Oficina de Atención Cidadá (Casa do Concello)

3. Interior do Mercado Municipal

4. Centro Cultural Lustres Rivas

5. Biblioteca Municipal

6. Exterior da Oficina de Turismo do porto

7. Parque merendeiro situado xunto á UAD

8. Praia de Coroso (entorno da UAD)

9. Complexo Polideportivo da Fieiteira

10. Conservatorio Enrique Paisal

11. Praza do Centenario

12. Entorno da nova estación de autobuses.

As empresas interesadas dispoñen até o 7 de abril á medianoite para formular as súas ofertas. Pódenas presentar a través do Sistela de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Segunda fase nas parroquias

Tal e como recordou a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, a intención do Executivo é estender a habilitación de puntos Wi-Fi gratuítos ás parroquias do municipio a través da posta en marcha dunha segunda fase enmarcada na nova Estratexia Dixital do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.