Licitadas as obras para renovar os servizos na rúa do Vilar, en Palmeira

18 Marzo 2021

O Concello de Ribeira informa da licitación dos traballos para renovar os servizos na rúa do Vilar (Palmeira). O obxectivo é substituír os equipamentos urbanos de auga potábel, saneamento e pluviais, “xa moi antigos”, explicou o Goberno local.

Con tal motivo redactouse un proxecto técnico que inclúe as seguintes accións:

• Auga: substituirán as tubaxe existente por outras de PVC de alta densidade con 160 milímetros de diámetro e 300 metros de lonxitude, realizando as acometidas aos inmóbeis.

• Saneamento de fecais: instalarase un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro e 300 metros de longo. Disporanse pozos de rexistro cada 35-40 metros e nas conexións cos colectores existentes.

• Pluviais: disporase un colector de PVC de 315 de diámetro e 300 metros de longo que conducirá as augas por gravidade ata a rede existente na rúa do Barreiro. Colocaranse arquetas sumidoiros cada 30 metros e pozos de rexistro a algo menos de 40.

A intervención comporta un investimento de 134.602,26 euros, con IVE, enmarcados no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019. O prazo de execución son catro meses.

As empresas interesadas dispoñen ata o 12 de abril á medianoite para a presentación da súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.