Licitada a dotación de 300 metros de beirarrúas na Gándara, Oleiros

16 Marzo 2021

O Concello de Ribeira dotará de 300 metros de beirarrúas a un treito da estrada AC-550 ao seu paso polo lugar na Gándara, na parroquia de Oleiros, limitando co municipio de Porto do Son. A obra vén de ser licitada e aberta o período de presentación de ofertas.

O obxectivo en aumentar a seguridade no tránsito peonil e, para alcanzar esta fin, reordenarase a zona de tránsito de viandantes construíndo beirarrúas a base dun pavimento continuo de formigón desactivando, tratando de lograr un ancho mínimo de 1,50 metros. Previa á construción destes espazos para peóns realizaranse labores de limpeza e demolición das soleiras existentes.

Pluviais

Ademais, instalarase unha rede de drenaxe de augas pluviais consistente na colocación dunha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro, pozos de rexistro e arquetas sumidoiro ao longo do percorrido das beirarrúas e paralelo ás mesmas.

O orzamento ascende a 56.611,12, IVE incluído, enmarcado no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ ADICIONAL 1/2019.

As ofertas poden ser presentadas ata a medianoite do 5 de abril a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.