Ribeira renovará 1,2 km de tubaxes de saneamento na Mámoa

05 Marzo 2021

O Concello de Ribeira levará a cabo a renovación de 1,2 quilómetros de tubaxes de saneamento no lugar de A Mámoa. Esta actuación ten como obxectivo dar unha solución definitiva ós problemas de avarías na rede.

Así, os servizos técnicos do municipio elaboraron un proxecto para esta zona que sufre avarías con certa frecuencia na rede. O plan vai dirixido a substituír á actual liña de fibrocemento por outra de polietileno de alta densidade. Deste xeito, instalaranse dúas tubaxes deste material a ambas marxes da estrada DP-7305, así como está prevista a colocación de nove válvulas de comporta, dúas de baleirado e 5 ventosas, e renovar 33 acometidas domiciliarias.

As obras supoñen un investimento total de 148.547 euros e un prazo de execución de dous meses. Tódalas empresas interesadas dispoñen ata o 23 de marzo para presentar a súa oferta a través do SILEX.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.