Xa están operativos os novos semáforos da rúa Romero Ortiz, en Ribeira

23 Febreiro 2021

A rúa Romero Ortiz de Ribeira deu este martes un histórico paso en materia de seguridade e mobilidade. Segundo confirmou o Concello, xa están operativos os novos semáforos instalados no treito baixo do devandito vieiro, á altura do barrio do Pombal, que é, precisamente, o que presentaba máis problemas de accesibilidade e comodidade, xa que a súa estreiteza e a ausencia de beiras provocaba continuos problemas entre peóns e vehículos, ao que se engadía o factor velocidade dos segundos.

O Concello confirmou que neste tramo de vía (dende a praza de Compostela en dirección á confluencia da vía coa rúa Cervantes) resultaba aconsellábel, por motivos de seguridade, “alternar o paso regulado de vehículos a motor”.

Os elementos dispostos xa están en funcionamento, se ben nos vindeiros días está previsto colocar algún outro, confirmaron dende o Consistorio.

A rúa Romero Ortiz constitúe a terceira zona da cidade de Santa Uxía ordenada por medio de semáforos, logo das actuacións emprendidas no paseo do Malecón no 2011 e na avenida Miguel Rodríguez Bautista e rúas adxacentes no 2015.

Outros artigos

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

En Ribeira a rapazada de Banda ó Río estrea un novo parque infantil

O barrio ribeirense de Banda ó Río estrea hoxe un parque infantil completamente renovado. O goberno local, xunto cun bo número de veciños e veciñas, puideron comprobar as novas instalacións de xogo. O investimento para actualizar o Parque de Pedra Pateira ascendeu a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...