O BNG de Noia critica as obras levadas a cabo na senda de acceso á aldea abandonada de Xei

15 Febreiro 2021

O Bloque Nacionalista Galego de Noia vén de achegar un comunicado sobre a necesidade de poñer en valor a aldea abandonada de Xei, a súa contorna fluvial (eliminando especies alóctonas) e a súa rede de camiños (facendo accesíbel a senda que vai polo río Traba). No comunicado, ao mesmo tempo que enumeran as iniciativas que deberan terse feito para reivindicar a natureza e o patrimonio do dito núcleo, critican duramente as actuacións de acondicionamento que se están a levar a cabo en Xei.

“O resultado dos traballos recentes”, din, “non xeran máis que estupefacción para os visitantes”. E engaden: “Descoñecendo cal será o resultado final, o avance actual da intervención non denota máis que unha clara falta de sensibilidade por parte do Goberno local”.

Así, sinalan, a senda que leva a Xei, “lonxe de mellorar”, converteuse “nunha suma de saburras mal dispostas e que non son nin tan sequera homoxéneas”.

A saburra (zahorra en castelán), engaden, é un material que debe empregarse para compactar zonas concretas nas que se complica o paso pola irregularidade do terreo para despois ser cuberto por terra da zona. Na sua opinión, “ten que aplicarse do xeito máis sensíbel que se poda para diminuír o seu impacto estético e ecolóxico”. Porén, no caso acontecido en Noia, explican, “substituíuse o emprego testemuñal e profesional deste material para mellorar as condicións do terreo pola conversión ao mesmo no protagonista dun pavimentado que é difícil de cualificar doutra maneira que de esperpento”.

E conclúen: “É ben triste que unha acción de valorización que podía ser aplaudida de xeito consensuado polo conxunto dos noieses e noiesas se veña a converter nun incomprensíbel e estrafalario erro que non merece esta contorna”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.