O miradoiro da Muralla de Lousame será renovado da man da Xunta e do Concello

11 Febreiro 2021

A Xunta e o Concello de Lousame acordaron diferentes actuación para complementar o miradoiro da Muralla, unha instalación que recibirá a axuda da Consellería do Medio Rural co obxecto de actuar como dinamizador do turismo asociado á natureza. As primeira actuacións que se esperan son a mellora dos accesos e habilitar un espazo de estacionamento no miradoiro da Muralla.

No encontro entre o conselleiro do Medio Rural, José González, e a alcaldesa de Lousame, María Teresa Villaverde, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, abordaron as diferentes posibilidades que abrirá a futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, para dinamizar e poñer en valor o agro de Lousame. A intención ofrecida polo conselleiro trata de axudar á recuperación de terreos en desuso ou infrautilizados, mediante ferramentas como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupación de xestión conxunta.

A rexedora municipal agradeceu o ofrecemento do conselleiro, e comprometeuse a estudar as posibilidades para impulsar o medio rural do concello de Lousame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.