Reaberta ao tráfico a estrada de Moldes, na Pobra

04 Febreiro 2021

O Concello da Pobra informou este mércores 3 pola noitiña da reapertura ao tráfico da estrada AC-302 despois de que o temporal do día anterior producise a caída de varias árbores no tramo que vai dende a aldea da Tomada a Moldes.

No lugar estivo persoal da brigada de mantemento de estradas, persoas voluntarias da Protección Civil, axentes da Garda Civil de Tráfico e bombeiros, ademais dunha empresa de traballos forestais, entre outros operarios.

A circulación estivo interrompida dende a madrugada do mércores 3 de febreiro ata preto das 21.00 horas do mesmo día. Durante ese tempo efectuouse a retirada das árbores, procedeuse cos labores de mantemento da calzada e realizáronse traballos de acondicionamento na contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.