Requisada en Ribeira máis de media tonelada de peixe

02 Febreiro 2021

Preto de 200 quilos de distintas especies foron requisados polo Servizo de Gardacostas de Galicia.

cedida

Os gardacostas deron o alto a unha furgoneta na zona ribeirense de As Carolinas na que se transportaban distintas especies mariñas e atopáronse con que levaba máis de 180 quilos de pescada que non alcanzaba a talla mínima requirida e, ademais, carecía documentación que avalase a súa procedencia. Tampouco tiñan acreditada a trazabilidad outros 37,2 quilos de pescada que si medía máis de 27 centímetros, nin os 220 quilos de pota, 17,5 de cabra, 10,3 de peixe espada e 7,2 de lirio que tamén había no vehículo.

Os axentes levantaron acta de presunta infracción ao propietario da furgoneta e requisaron os preto de 486 quilos de peixe que levaba en condicións irregulares. A mercadoría foi entregada a un centro benéfico da localidade.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...