Proseguen en agosto as visitas guiadas ao Museo Valle-Inclán

13 Agosto 2019

20190813 O Concello da Pobra segue adiante este mes de agosto (e até setembro) co seu programa de visitas guiadas ao Museo Valle-Inclán, unha actividade de divulgación que, tal como sinalamos no seu día dende O Barbanza, ofrécese todos o mércores (incluído mañá) e é de balde. As recepcións aos visitantes, que comezan ás 13.00 horas, poñen o foco en dous ámbitos temáticos fundamentais: o importante legado literario do escritor, moi ligado a Pobra do Caramiñal, onde tivo residencia familiar e pasou longas estadías ao longo da súa vida, e, por outra banda, a importancia artística e histórica do propio museo, a Torre de Bermúdez, declarado monumento histórico-artístico de carácter nacional.

Segundo lembra estes días o Concello, as xeiras divulgativas que ofrece cada mércores o museo son unha boa oportunidade para coñecermos as diferentes coleccións que acubilla o edificio, ou, tamén, para descubrir máis detalles do seu protagonista.

A duración estimada da cita é de 45 minutos e precísase un grupo mínimo de 4 persoas para o seu desenvolvemento. As inscricións poden realizarse chamando ao 981831662 ou enviando un correo electrónico a museo.valleinclan@apobra.gal.

O Museo Valle-Inclán da Pobra, para quen non o saiba, atesoura manuscritos orixinais do autor de Divinas palabras e Tirano Banderas e foi o primeiro acubillo das súas características que rendeu homenaxe ao escritor arousán, inaugurado de forma oficial en 1987 na Torre de Bermúdez, pazo erixido entre 1540 e 1545.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.