Até 167 persoas autónomas e empresas de Noia recibirán as axudas de PEL Reactiva

28 Xaneiro 2021

En Noia deuse a coñecer a cifra de persoas autónomas, microempresas e pemes que se van beneficiar das axudas do programa PEL Reactiva da Deputación de Coruña, apoios de financiamento que mobilizarán no termo municipal noiés un total de 300.000 euros (240.000 da entidade provincial e 60.000 do Concello) e contribuirán ao fortalecemento e á competividade de 167 iniciativas empresariais. Achegaránselles axudas de entre 3.000 e 1.500 euros para facer fronte ás negativas consecuencias derivadas da pandemia. Dispoñen até o 31 de marzo para xustificar as subvencións.

As persoas autónomas e empresas beneficiadas poden, con este importe, comprar material antiséptico, produtos hixiénicos e de limpeza; sufragar gastos de arrendamento e canon, como maquinaria, vehículos, locais ou instalacións; gastos de reparación e conservación ou adaptación de locais ás medidas de protección fronte á COVID-19; primas de seguros ou subministracións.


Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.