Xaneiro saldouse en Ribeira con 50 denuncias tramitadas pola Policía Local por infrinxir a normativa anti-COVID

26 Xaneiro 2021

A Policía Local de Ribeira vén de facer balance da actividade xerada ao abeiro dos seus dispositivos para frear o avance da pandemia no concello e evitar entre a poboación comportamentos que infrinxan as disposicións das autoridades. No que vai de ano, os axentes xa tramitaron un total de 50 denuncias por vulneración da normativa anti-COVID.

A casuística das denuncias é moi variada: dende persoas que se saltan o peche perimetral ou fan caso omiso do toque de queda, pasando polo feito de non levaren máscara, fumar sen gardar a distancia requirida ou ocasionar ruídos por festas nos domicilios.

A policía ribeirense anunciou que seguirá “vixilante para tratar de atallar estas condutas incívicas que, aínda que minoritarias, repercuten negativamente na loita colectiva contra a pandemia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.