“O Ministerio español de Pesca urxe solucións para o TAC da xarda”. Antón Luaces

25 Xaneiro 2021

O ministro de Pesca, Luis Planas, ven de instar á Unión Europea a establecer o Total Admisible de Capturas (TAC) da xarda, debido ó próximo comezo desta pesqueira en España. Planas avoga, amáis, por acadar un equilibrio axeitado nunhas relacións comerciais sólidas.
Após o acordo acadado entre a Unión Europea e o Reino Unido, Luis Planas urxe á Comisión Europea a fixación definitiva das cotas pesqueiras pendentes para o ano 2021, no marco do primeiro consello de ministros de Agricultura e Pesca da UE tras o acordo do Brexit, consello que é tamén o primeiro que se celebra baixo a presidencia semestral de Portugal.Na orde do día desta reunión, figuraba como asunto importante as posibilidades de pesca para as poboacións compartida co Reino Unido.Para o ministro español, acadado o acordo co Reino Unido resulta esencial fixar definitivamente os TAC e cotas de pesca dos stocks compartidos -que quedaran pendentes no pasado  mes de decembro- para asegurar os intereses do sector pesqueiro. Seguridade e celeridade son necesarios neste momento, dixo o ministro Planas, quen espresou o apoio ao documento da Presidencia que servirá de guía para o desenvolvemento das consultas da Comisión co Reino Unido. Un proceso que se debe abordar con “plenas garantías e sen dilación”, á vez que se mantén a unidade de acción e a salvagarda do papel que corresponde ás institucións comunitarias.​Para o ministro trátase dun exercicio novidoso, no que deben prevalecer os principios da Política Pesqueira Común e do Rendemento Máximo Sostible (RMS) das pesqueiras. 
Preocupan as cotas de especies atlánticas vinculadas á obriga do desembarque. Por exemplo, o bacallao céltico e do oeste de Escocia, os rapantes e os peixe sapos da Zona VI no caladoiro do Gran Sol, anáis do ollomol e os alfonsinos. Fóra do contexto bilateral co Reino Unido e en relación co TAC, o ministro instou a fixar o TAC de xarda debido ó próximo comezo desta pesqueira en España, e ao atún branco ou bonito, sector no que España se opón a sufrir as penalizacións que se impoñen por sobrepesca que outros países reealizaron.De se lograr esa fixación de TAC para a xarda que lle corresponde a España queda por decidir que vai facer a Secretaría General de Pesca en relación ós dereitos que se lle recoñecen ás frotas de Euskadi e Cantabria e que se lles negan ás de Galicia e Asturias, polo que superar as eivas comunitarias non garanten repartos xustos de cotas para a frota galega, que ten  na xarda o seu verdadeiro cabalo de batalla .

Outros artigos

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.