Ribeira dará cabida a un curso gratuíto sobre manexo seguro de motoserra

12 Agosto 2019

20190812. O municipio de Ribeira acollerá un curso gratuíto sobre prevención de riscos laborais no sector forestal e máis concretamente sobre manexo seguro de motoserra.

A acción formativa está organizada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) e desenvolverase do 30 de setembro ao 4 de outubro no Centro de San Roque, cun total de 20 horas lectivas.

As persoas interesadas deberán ser maiores de idade e poden inscribirse a través do enderezo electrónico formacion@conformaforestal.com antes do 25 de setembro. Ademais, é preciso achegar a ficha de inscrición cuberta, copia do DNI e, no caso de ser colectivo prioritario -ten experiencia ou formación relacionada-, documentación que acredite a vinculación laboral coa actividade -contratos/vida laboral- ou formación -diplomas dos cursos do sector forestal ou similar-.

Para máis información poden consultar a páxina web http://issga.xunta.gal/ ou dirixirse á Oficina de Orientación Laboral emprazada no Viveiro de Empresas da rúa Fafián nº 29 co teléfono 981871497 e correo electrónico orientacionriveira@riveira.com; ou á Oficina de Desenvolvemento Local situada na Oficina Atención Cidadá da Casa do Concello co teléfono 981835417 e correo electrónico emprego@riveira.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.