SOGAMA fai chegar ao Concello de Boiro unha nova partida de composteiros domésticos

21 Xaneiro 2021

SOGAMA confirmou este mércores 20 o subministro ao Concello de Boiro dunha nova partida de composteiros domésticos para facer avanzar os hábitos sustentábeis en materia de xestión de lixo no termo municipal. Co subministro, feito a petición do Goberno local, ampliarase o programa boirense de autocompostaxe a novas vivendas unifamiliares.

O obxectivo, engade a sociedade medioambiental galega, é “promover a autoxestión da materia orgánica en orixe e alcanzar importantes beneficios ambientais e económicos, xa que, ao tratar esta fracción nos propios fogares, evítase o seu depósito nos contedores verdes convencionais, extremo que permite reducir a frecuencia de recollida e minorar a cantidade de lixo a entregar a SOGAMA para o seu tratamento final”.

A entidade explica que a día de hoxe son 70 as familias adscritas de Boiro a esta iniciativa. Requisito imprescindíbel para participar na mesma é que os participantes dispoñan de terreo (xardín, horta ou terras de cultivo) no que aplicar o compost resultante, que regresa á terra en forma de abono natural, substituíndo aos fertilizantes artificiais.

Os usuarios tamén recibiron manuais didácticos nos que se describe a técnica a seguir para obter un abono de alta calidade que cumpra con todos os requisitos esixidos na normativa vixente e se poida aplicar ao solo con garantías.

SOGAMA tamén lembra que as persoas interesadas teñen á súa disposición un sitio web, www.compostaconsogama.gal, co que reforzar coñecementos, accedendo igualmente a recursos divulgativos de interese tales como vídeos e xogos, entre outros.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.