“Adeus a José, unha persoa que transcendeu máis alá do fútbol”. Por Pedro Pérez Villar

15 Xaneiro 2021

O fútbol do Barbanza chora o adeus de José López, máis coñecido como Joseíño “O Chaveiro”, que pasou a maior parte da súa vida ligado ao fútbol da comarca, en especial ao Atlético de Ribeira. Aí foi o lugar no que se fixo un oco no corazón de toda a cidade, xa non só das persoas vinculadas ao fútbol, senón no de todos.
A maldita COVID-19 foi quen se levou a un histórico do Barbanza, que facía apenas un mes que cumpría os 78 anos na Residencia de Maiores de Ribeira, rodeado dos seus, que estiveron presentes sempre. Joseíño foi un persoa humilde que puxo todo o seu empeño en axudar no que puidese, dende utilleiro ata fisio, pasando por psicólogo.
Porque así era José, un home que antepoñía o ben dos demais ao seu, sendo así feliz.
A súa paixón polo Real Madrid era outro dos aspectos que o definían. Acudía á Peña Amancio de Ribeira tódalas xornadas a ver a seu equipo, a pesares de que nunca estaba contento co labor dos xogadores ou dos árbitros, recoñecendo en moitos ocasións que el “o faría moito mellor aínda coa miña idade”. Alí, en bares e rúas da zona pasaba gran parte da súa fin de semana, reuníndose con amigos cos que falaba horas e horas sobre fútbol internacional, nacional, e sobre todo rexional. Tamén era moi habitual velo falar cos rapaces, aos que animaba e daba consellos para acadar seus soños.
Joseíño deixou grandes recordos no mundo do fútbol, sendo el o protagonista en moitos deles. Aínda que xa facía máis dun ano que non botaba as súas míticas carreiras para auxiliar a un xogador no campo, todo o mundo esperaba volver a desfrutar delas algún día, porque era unha persoa incombustible.
O Barbanza despide hoxe a unha lenda que non só deixou a súa pegada no fútbol, tamén na sociedade. Unha persoa chea de humanismo, empatía e cun gran corazón que era capaz de unir a todo o mundo. Joseíño, esperemos que alá onde esteas che devolvan parte do que ti nos entregaches a todos, porque todo será imposible.

Na homenaxe realizado o pasado día 18 de decembro no seu aniversario polo “Cidade de Ribeira”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.