Seis empresas candidatas ás obras do Auditorio de Ribeira

14 Xaneiro 2021


Proxecto do Auditorio de Ribeira

O prazo para a presentación de propostas para a realización do proxecto do novo Auditorio de Ribeira, con fecha de finalización prevista para o 2022, rematou o pasado martes cun total de 6 empresas de gran notoriedade no sector.
O novo proceso de propostas, tivo maior éxito que o anterior, debido á ampliación do orzamento para a obra, xa que o anteriormente establecido era inviable para a realización dos traballos. Deste xeito, o vindeiro venres poñeranse sobre a mesa as ofertas técnicas e analizaranse as propostas económicas expostas polas seis empresas.
Así, o orzamento actual para o proxecto do auditorio de Ribeira conta cun total de catro millóns de euros. Este diñeiro procedente principalmente dos acordos logrados polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, con varias Administracións e dos fondos europeos que pertencen ó Concello. A obra está prevista que comece en abril, logo de que a mesa de contratación
tramite a proposta o 22 de febreiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...