“Un ano para a esperanza?”. Manolo Mirás

14 Xaneiro 2021
Manolo Mirás, secretario Cáritas Ribeira

É moi común escoitar que o 2020 foi un ano para esquecer. E pregúntome: Iso é posible, cando miles de persoas perderon a vida sen sentir a caricia e proximidade dos seus seres queridos? Un ano, no que, o sufrimento e o desconsuelo, o medo, e a incerteza sobre o que nos estaba pasando un século despois da última pandemia destas dimensións, non é posible esquecelo.

Moitas persoas, perderon o seu traballo, pecharon colexios, empresas, autónomos, comercios, hostalería, turismo, empresas de transportes e comunicacións (portos e aeroportos), etc. Soamente funcionaban os Servizos básicos e empresas que puidesen abastecer os mercados de alimentación, medicamentos e saúde pública. Todo iso foi un expoñente claro da traxedia á que nos abocou o COVID 19.

Pero tampouco poderemos esquecer nunca, as mostras de solidariedade, de amor, de xenerosidade e desprendemento de tantas persoas, institucións, entidades públicas e privadas que deron o mellor de si mesmos, para non abandonar á súa sorte aos máis vulnerables, empezando polos enfermos, as súas familias, os sen teito, os parados forzosos e unha infinidade de afectados. A homenaxe que mellor podemos ofrecerlle é a nosa sincera gratitude e o noso eterno recoñecemento.

Tampouco deberiamos esquecer ao continente africano para o cal, esta pandemia foi máis benévola, pero onde innumerables pandemias e máis graves ( ébola, cólera, sida…) arrasan desde tempo inmemorial o seu territorio con escasísimos recursos sanitarios, económicos e humanos. Gustaríame que o noso mundo, que denominamos desenvolvido, fose máis empático, que o que nos está pasado, sirva para repensar o noso modelo de vida tan egoísta, soberbio, prepotente e insolidario. Oxalá a utopía dun mundo mellor, máis xusto, se vaia abrindo camiño e que aprendésemos que compartir é crecer, é o noso deber, e é proveitoso para a familia humana.

Así pois desexo que 2020 fose un ano, non para esquecer, e que 2021 sexa un ano para a ESPERANZA, en o que nos convenzamos de que soamente desde o Amor e a fraternidade é posible un mundo mellor.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.