O BNG de Noia propón impulsar saneamentos, accesibilidade e transformación tecnolóxica co POS 2021 da Deputación

13 Xaneiro 2021

O BNG de Noia vén de rexistrar unha proposta de investimentos para os 593.000 euros do Plan de Obras e Servizos (POS) 2021 da Deputación de A Coruña, para que, de ser estimada total ou parcialmente, “os servizos técnicos municipais teñan tempo para realizar as memorias xustificativas e revisar as cantidades exactas dos investimentos”.

As propostas dos nacionalistas céntranse no saneamento, para o que propoñen actuacións por valor de 412.000 euros nos lugares de Ousoño e O Gradil (A Barquiña).

Ademais tamén apostan pola mellora da accesibilidade cun elevador na biblioteca da Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos con 66.000 euros, unha páxina web e aplicación para móbiles accesíbel e de balde para os establecementos de comercio e hostalería que facilite a comercialización a domicilio con 8.000 euros e un plan de axudas para a adquisición de material informático por parte do alumnado de Noia con 74.000 euros.

En palabras do portavoz da formación, Ricardo Suárez, “con estas propostas reafirmamos a nosa aposta pola calidade das augas, o apoio ao comercio e a hostalería, a igualdade de oportunidades dos alumnado para ter recursos educativos nos seus domicilios e pola accesibilidade nos edificios de servizo público”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...