A Asociación de Empresarios de Ribeira reparte 4.500 euros en premios coa súa campaña de Nadal

13 Xaneiro 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira compartiu a listaxe de números premiados e suplentes do seu sorteo de Nadal celebrado no local da entidade este martes 12 no local da entidade, un sorteo co que se repartiron entre as e os participantes 120.000 boletos, o que se traduce nun volume de vendas que supera o 1,200.000€ (a actividade esgotou os boletos antes de rematar a campaña). En cuestión de contía, estariamos a falar de 4.500 euros para gastar nos establecementos implicados.

No que se refire ao número de participantes, superáronse as expectativas e máis as cifras acadadas nas últimas edicións do sorte, xa que foron 90 os establecementos que se sumaron á campaña, para facernos unha idea 20 máis có ano pasado.

Segundo confirmou a asociación, a campaña resultou ser un éxito a todos os niveis, polo que a entidade empresarial agradeceu a implicación de todos os clientes que “apoiaron e confiaron no pequeno comercio de Ribeira nestes intres tan complicados para todas e todos”.

A listaxe de premios, suplentes e establecementos quedaría deste xeito:

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.