A Asociación Misela foi galardoada co segundo premio nos galardóns solidarios de Cenor

12 Xaneiro 2021

O pasado 29 de decembro celebrouse a entrega de galardóns da VIII edición dos Premios Solidarios do Grupo Cenor. Sen embargo, por mor da COVID-19, as entidades distinguidas e mailo o público non puideron asistir de forma presencial (as e os participantes tiveron que acceder a gala virtualmente, a través dunha vídeo-conferencia, e, do mesmo xeito, os recoñecementos tivéronse que comunicar online). O segundo premio recibiuno a Asociación Misela, con sede en Noia e influencia en toda a súa comarca, que quixo promover o desenvolvemento persoal e social das persoas con diversidades funcionais, ademais de fomentar a participación e o benestar das familias, ofrecendo atención individualizada e interdisciplinaria dende a infancia. A iniciativa que elaborou a Asociación foi chamada Voga – Voga e consistiu en incentivar a participación das devanditas persoas na limpeza da ría de Muros e Noia.

Asemade, premiouse a outras empresas. A organización APTACAN, con sede en Cantabria, gañou o terceiro premio, dotado con 1.500 euros. Esta entidade loitou por favorecer o benestar das persoas afectadas polo Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). O seu proxecto consistiu na creación dun centro de reprografía para a inserción laboral das persoas afectadas con TEA. Mentres, o primeiro premio entregóuselle á Asociación ALENTO, que colaborou no ámbito da mellora da calidade de vida, da inclusión social e dos dereitos das persoas de dano cerebral na provincia de Pontevedra. O premio, de 6.000 euros, foi concedido polo esforzo que proporcionou a entidade por adquirir máquinas de rehabilitación, en concreto, un bipedestador (un dispositivo que permite mellorar aspectos físicos da persoa a nivel de ton muscular, dor, nivel basal, equilibrio, control motor e factores ocupacionais).

Os encargados de abrir a gala dos VIII Premios Solidarios foron Leticia Fernández e Javier González, directores de Marketing do Grupo Cenor. Ademais, a celebración contou coa presenza de María Castro, presidenta do xurado. A representante pronunciou un discurso e transmitiu o seu apoio as asociacións.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.