A Lonxa de Ribeira celebra con residentes e visitantes os seus dous anos de andaina

09 Agosto 2019

20190809 A nova Lonxa de Ribeira celebrou esta semana (concretamente o mércores 7), os seus dous anos de vida (24 meses como referente galego e estatal de dúas cousas ben concretas: por unha banda, da actividade pesqueira e a comercialización de peixe e marisco en todo mundo, e, pola outra, da innovación tecnolóxica, loxística e de xestión no sector).

Os dous anos de traxectoria foron conmemorados con información nas redes (incluído un pequeno vídeo de celebración no Facebook, onde a lonxa ten unha comunidade de seareiros de preto de 3.000 integrantes) e co programa de visitas guiadas que redobrou actividade e que mesmo apareceu reflectido ao detalle na TVG, en A Revista.

Respecto das visitas guiadas polas súas dependencias, estanse a levar a cabo este verán co fin de amosarlle a residentes e visitantes os diferentes procesos de traballo na lonxa, poñendo o foco nalgúns dos puntos máis rechamantes do seu día a día: as poxas de peixe ou os percorridos que segue o peixe dende que entra no recinto (unha media de 150.000 quilos de produto ao día) até que sae camiño de mercados e locais hostaleiros de todo o mundo (o 90% para España e o resto para o estranxeiro).

Os percorridos estanse a realizar con periodicidade semanal, teñen unha duración de máis ou menos tres cuartos de hora e inclúen visitas a boa parte dos espazos da lonxa, adicados cada un deles a un tipo determinado de traballo relacionado peixe (os diferentes elos dunha mesma cadea).

A lonxa comezou a súa actividade oficial no verán de 2017 e xa dende o primeiro intre quedou claro que a actividade de promoción e visualización do seu día a día ía ser un dos seus obxectivos fundamentais. Os percorridos guiados, ademais, son unha forma de regularizar e ordenar unha práctica moi estendida nestas datas: as visitas da xente que non é residente habitual en Ribeira pero que pasa as súas vacacións no concello e quere coñecer, de primeira man, o funcionamento do q ue foi e segue a ser o corazón económico de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.