Soben os contaxiados da COVID-19 en Ribeira, Rianxo,Outes e Muros. Falecen outras 3 persoas no CHUS este domingo

03 Xaneiro 2021


A áreasanitaria de Santiago- Barbanza informa a última hora deste domingo da morte de 3 persoas con infección por coronavirus no CHUS. Un home de 94 anos e dúas mulleres de 91 e 86 anos. Contaban con patoloxías previas.

Mentres a punto de chegar a tres semanas de restricións Ribeira aumenta os casos positivos que chegan a 100, o que sitúa ao municipio como o de mais casos da comarca.

Segundo informa Sanidade a incidencia acumulada pasou en tres días de 338 casos a 371 por cada 100.000 habitantes, 33 casos novos . Ribeira sitúase así en parámetros similares aos que tiña o 18 de decembro, con 99 infectados e unha incidencia de 368.

Dos cinco concellos nos que ascenderon os afectados na última xornada, Ribeira é o que o fai en maior medida. Os outros concellos cunha evolución negativa son Muros e Rianxo, cada un contaxiado máis. No caso de Rinxo a incidencia acumulada ascenda a 489, a terceira máis elevada da comarca.
En Boiro os casos descenderon este sábado en tres menos co que a incidencia acumulada é de 504 casos por cada 100.000 habitantes, a segunda máis alta da comarca de Barbanza.

O primeiro posto é para Serra de Outes, con 32 casos e unha Incidencia Acumulada de 509.
Lousame volve manterse sen cambios na cifra de afectados, con 14, mentres que Noia, A Pobra e Porto do Son experimentan lixeiros descensos de entre un e tres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.