Noia achega á rapazada obradoiros creativos de Nadal no Museo do Mar

23 Decembro 2020

A concelleira noiesa de Comercio e Hostelería Laura Salgado, e as monitoras da Asociación SocioCultural O Besbello, presentaron os días pasados o Obradoiro de Nadal 2020 – Museo do Mar de Noia. Trátase dunha actividade formativa e dinamizadora dirixida a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos, que se vai desenvolver todos os días da semana, durante estas festividades e agás festivos, no seguinte horario: de luns a venres polas tardes (de 17.30 a 19.30 horas) e de sábado a domingo (de 11.00 a 13.00 horas no Museo do Mar de Noia).

Segundo informaron, non é precisa a inscrición previa e, ademais, aforamento está limitado a unha ducia de rapaces. A admisión é por orde de chegada. O programa inclúe actividades de temáticas moi variadas (obxectos creativos, contacontos, maxia).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.