Remata a construción do novo circuíto de Pump Track na Fieiteira

09 Decembro 2020

O novo circuíto de Pump Truck xa está dispoñíbel para tódolos ciclistas e patinadores tras rematar as obras. O Concello de Ribeira, da man de Construcciones Anspal, construíu un espazo apto para bicicletas e monopatíns de 800 metros cadrados de superficie, con saltos e peraltes, no complexo deportivo da Fieiteira.

O circuíto consta dun trazado total de 100 metros e 1,80 metros de anchura, similar a un boomerang, con curvas e rectas definidas por diferentes obstáculos. Ademais, leváronse a cabo outras melloras no complexo deportivo, como a remodelación da cuberta dun dos vestiarios do campo de fútbol, e a renovación do almacén das pistas de atletismo.

O investimento do circuíto de Pump Truck supuxo un total de 37.510 euros, e 29.645 euros para o vestiario e almacén da Fieiteira. A actuación conta cunha achega por parte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas, que dotan ao Concello dunhas subvencións destinadas para a mellora de infraestruturas vinculadas á prestación de servizos municipais.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...