Dúas novas citas para a dinamización lingüística recalan na Pobra

02 Decembro 2020

O Elma volverá ser escenario de novas actividades focalizadas na dinamización lingüística no que resta de ano e que se enmarcan na Rede de Dinamización Lingüística da Xunta (RDL), á cal o Concello da Pobra do Caramiñal pertence dende hai un ano a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), adscrito á Concellaría da Normalización Lingüística. A primeira das citas será coa asociación cultural Donaire, cuxo obxectivo fundamental é contribuír á conservación e promoción da
cultura tradicional galega, principalmente na área da música e o baile
tradicionais. Ofrecerán así unha actuación ante o público pobrense no domingo 6, ás 19.00 horas.

Por outra banda, despois de que fose preciso adia-lo espectáculo Polo Camiño, contos da feira por cuestións alleas ó Concello, xa hai unha nova data para que a compañía A Cova das Letras suba ás táboas. Será no 19 de decembro, ás 19.00 horas. Trátase dunha proposta para a cal se empregan monicreques de luva e de táboa e que se basea na tradición oral galega e mais noutras literaturas populares para narra-la historia dunha feira na cal conflúen seis personaxes que, cos seus contos e cantos, fan voa-la imaxinación do público: a fotógrafa minuteira, o fistor, Pepa a Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira. Adscríbese ó programa FalaRedes 2020, da Secretaría Xeral da Política Lingüística.
As actividades son de balde e aptas para tódolos públicos. Seguiranse as
medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal se aconsella a reserva
previa da entrada a través do teléfono de contacto 676666263, ben sexa
chamando ou por whatsapp. A fin do prazo da inscrición é ás 16.00 horas do
propio día do evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.