Chega a Rianxo A viaxe de José do Campo, un espectáculo de O Fiadeiro

01 Decembro 2020

Este sábado 5 de decembro a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle o espectáculo A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende o Courel ata Nova Orleáns interpretada pola Asociación Cultural e Folclórica o Fiadeiro xunto con antigos alumnos e alumnas da ESAD de Vigo. Trátase dunha cita para todos os públicos coa música, o baile e o teatro tradicional da nosa terra. Quen queira coñecer anticipadamente parte do contido, pode visualizalo nun vídeo pendurado no Youtube.

A viaxe de José do Campo é un espectáculo baseado no libro-disco homónimo editado por Ton e Son Editorial co Fiadeiro e creado por Xavier Balsas e Rafa Crespo en 2015.

Será a partir das 20.00 horas e, virá, novamente e por mor da COVID-19, con aforamento limitado (polo que é preciso reservar entrada previamente en auditorio@concelloderiaxo.gal ou no teléfono 664 183 217, do 30 de novembro ao 04 de decembro, de 09.00 a 13.30 h en días laborais).

Outros artigos

Teatro Airiños organiza unha nova edición das Veladas de Primavera

A histórica compañía rianxeira Teatro Airiños vai organizar esta tempada tres fins de semana de actividades culturais na parroquia de Asados: as Veladas de Primavera. O ciclo desenvolverase na dita parroquia rianxeira, coa colaboración do Concello e máis da Deputación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...