A Corporación de Rianxo acorda por unanimidade a exención da taxa de terrazas en 2020 e 2021

30 Novembro 2020

A Corporación de Rianxo celebrou este 27 de novembro unha nova sesión plenaria, na que se trataron cuestións directamente relacionadas co tecido produtivo local e coa urxencia de poñer en marcha medidas que mitiguen a preocupante situación na que viven a hostalería e o comercio. Así, os cinco grupos que compoñen o pleno da Corporación (BNG, Cidadáns, PP, PSOE e Rianxo en Común) votaron de forma unánime unha modificación da ordenanza fiscal número 17, reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público municipal (ocupación con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa), que anula o pago do dito gravame durante os anos 2020 e 2021.

En concreto, acordouse no pleno que a dita ordenanza engada, no relativo á chamada “taxa por terrazas”, unha disposición transitoria que suspende temporalmente a vixencia da ordenanza fiscal ata o 31 de decembro de 2020, con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro de 2020.

Esta iniciativa ten por finalidade “axudar a paliar os efectos económicos adversos producidos pola incidencia da COVID-19 nas restricións que se impoñen ao sector da hostalaría, que obriga a enfocar o negocio cara á explotación dos espazos exteriores e terrazas, e tendo en conta as circunstancias excepcionais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.