Rematou o cribado de Ribeira a persoas de entre 40 e 50 anos cunha participación do 65%

15 Novembro 2020


O cribado realizado en Ribeira a persoas de entre 40 e 50 anos de idade concluíu no mediodía deste domingo cunha participación do 64,77% dos citados na lonxa.

En total, segundo informa a xerencia da área sanitaria de Santiago e Barbanza, estaban chamados a participar no cribado 5.001 persoas.

Finalmente, ao longo dos catro días que durou un proceso que arrincou o xoves, acudiron 3.239 ribeirense a realizarse as probas do coronavirus, o que supón un 64,77% dos chamados.

O cribado do Sergas centrouse na franxa de idade de entre 40 e 50 anos ante o incremento de casos e “a imposibilidade de seguir a cadea epidemiolóxica en moitos deles”.

Por outra banda as vítimas en Galicia elévanse a 1.069 tras falecer 7 persoas, seis delas usuarias de residencias . As vítimas que deixa a pandemia da Covid-19 en Galicia eleváronse este domingo a 1.069, tras falecer nas últimas horas sete persoas diagnosticadas de coronavirus. De todas elas, seis eran usuarias de residencias de anciáns.

Galicia rexistra un total de 9.298 casos activos por coronavirus

Outros artigos

Declarado un incendio nun inmoble da parroquia ribeirense de Olveira

Interveñen de urxencia nun incendio declarado nunha vivenda na parroquia de Olveira, en Ribeira Bombeiros Ribeira Un operativo conxunto de emerxencias mobilizouse na parroquia de Olveira, no termo municipal de Ribeira, tras declararse un incendio no interior dun...

+

Conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Rianxo quenta motores para a XII Carreira Popular do 31 de outubro con previsión de acadar os 700 participantes A vila de Rianxo volverá converterse no epicentro do atletismo comarcal o vindeiro sábado 31 de outubro coa celebración da XII Carreira Popular Concello de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.