En Oleiros- Ribeira o incendio nun pendello deixa a un home ferido e diversos materiais calcinados

09 Novembro 2020

Un incendio declarado no interior dun cuberto no concello de Ribeira, rematou cunha persoa ferida na tarde de hoxe. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, un home sufriu diversas queimaduras polo que foi evacuado polo persoal sanitario ao hospital do Barbanza.

Ás 17:00 horas, unha persoa particular chamou ao Centro integrado de Atención ás Emerxencias para informar dun lume nun cabanel situado na parroquia de San Martiño de Oleiros, concretamente no lugar dos Muiños. Indicaba, ademais, que unha persoa sufrira lesións a causa das lapas.

Decontado, os xestores do Emerxencias Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Boiro e Ribeira, dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, dos membros do Grupo de Apoio de Emerxencias Municipal (GAEM) e de Protección Civil de Ribeira.

Unha vez no lugar, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron ao 112 Galicia que a estrutura de pedra non se viu afectada polas chamas, pero que o lume calcinou unha motocicleta, varios apeiros de labranza e unha motoserra.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.