En Noia investigado o condutor dun turismo por atropelar a un ciclista

05 Novembro 2020

O Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Santiago de Compostela investigou a un condutor como presunto autor dun delito de lesións graves por imprudencia por atropelar a un ciclista en Noia despois de invadir o sentido contrario por velocidade inadecuada o que orixinou unha colisión entre un turismo e unha bicicleta na estrada AC-550.

O condutor da bicicleta presentaba feridas graves segundo os servizos médicos, sendo preciso o seu traslado a un centro hospitalario.

A Garda Civil constatouque o incidente tivo lugar como consecuencia da invasión do carril contrario por parte do turismo debido a unha velocidade inadecuada e unha condución neglixente. A Benemérita procedeu á investigación do condutor do turismo como presunto autor dun delito de lesións graves por imprudencia.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.