O BNG de Noia require a posta en marcha do plan municipal contra a fenda dixital

04 Novembro 2020

O Bloque Nacionalista de Noia reiterou nestes comezos de novembro a necesidade de pór en marcha un plan municipal de loita contra a fenda dixital, un problema xeral de discriminación tecnolóxica (por falta de recursos, accesos e/ou formación axeitada) que se viu agravado coa crise sanitaria e que ten especial gravidade agora que se lle esixe á cidadanía, dende unha chea de frontes, unha alfabetización dixital coa que unha boa porcentaxe da poboación non conta. A petición xa fora achegada polo BNG no pleno de setembro.

Dende a formación nacionalista sinalan, que, aínda que a solicitude foi aprobada pola Corporación, non “hai novas da posta en marcha do acordo”.

O BNG lembra que “a situación actual, na que 60 concellos galegos que representan o 60% da poboación galega teñen adoptado medidas de peche do seu perímetro e importantes restricións sociais, así como as declaracións do Goberno central de estudo dun novo confinamento a partir do luns, demostran a urxencia de tomar as medidas oportunas para diminuír as desigualdades no acceso ás novas tecnoloxías”.

E engaden: “Preocúpanos as posíbeis dificultades no traballo a distancia das persoas que se vexan obrigadas a realizalo, mais, por riba de todo, as posíbeis carencias educativas en caso de confinamento ás que se verá exposto o alumnado dos centros de ensino no caso das familias que non contan cun acceso axeitado a dispositivos electrónicos e un bo sinal de Internet”.

Por estes motivos solicitan que o Goberno local se poña a traballar canto antes e conte con todas as forzas políticas para avanzar nesta cuestión.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.