O GES de Brión colabora na atención ás cinco persoas feridas nun accidente en Noia

03 Novembro 2020

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión acudiu esta mañá a unha chamada de alerta por un accidente de tráfico no concello de Noia. Segundo informou o GES de Brión, o sinistro foi un choque entre dous vehículos e causou feridas leves a cinco persoas. As súas causas estaban a ser investigadas nestes momentos pola Garda Civil de Tráfico. O accidente tivo lugar no cruce da AC-550 coa DP-5704, á altura da Barquiña.

Os técnicos do GES de Brión procederon a anular a corrente de ambos vehículos e limparon a estrada con líquidos absorventes e dispersantes. Unhas tarefas de limpeza e reinicio do tráfico nas que contaron coa colaboración da Policía Local de Noia e Protección Civil de Noia.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.