En Ribeira intervidas 174 centolas, dous bois de mar e 15 quilos de raia

29 Outubro 2020

No porto de Ribeira o Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña interveu 174 centolas, dous bois de mar e 15,4 quilogramos de raia mosaico capturas que non estaban rexistradas o atoparse en veda estas especies.

Efectivos desa unidade realizaban funcións de control de pesca no porto ribeirense cando observaron como un barco pesqueiro atracou na rampla de descarga, deixando no lugar seis capazos tapados con trapos para o seu posterior recollida por outra persoa.

Cedida

O comprobalos recipientes descargados os axentes comprobaron que ocultos baixo os trapos atopábanse varios exemplares de raia mosaico e debaixo desta gran cantidade de centolas e dous bois de mar, tres especies actualmente en veda. A Garda Civil realizou a inspección do pesqueiro e comprobou que as capturas non foran anotadas no DEA, nin existían anotacións de horario de entrada ao porto, así como que outros datos de obrigado cumprimento non figuraban ou estaban falseados. Os axentes da benemérita procederon á confección de actas-denuncia por supostas infraccións e á incautación das capturas.

O marisco incautado foi devolto ao mar ao atoparse aínda vivos e os exemplares de raia foron entregados no Centro de Atención Integral Amicos de Boiro.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.